dilluns, 27 / agost / 2007

e onde quedou aquel lirismo?

Se o paramecio está consagrado ao xénero periodístico case por completo, onde meto eu agora aqueles textos que producín na máis tenra infancia, tolamente namorado...? Ou só polo feito de debuxar horteras sorrisos en horteras rapazas con horteras poemas, máis cun repolo con lazos. Debeu ser por iso que me metín de súpeto nunha prosa, ensaística, periodística e ás veces, narradora. Anyway, escoitando a unha das miñas (agora) poetisas e (xa hai tempo) persoas favoritas, acordei daqueles poemas, versos, rimas ou sinxelos sonetos renacentistas, que adicaba a unha "senhor" como trobador galaico-portugués. Con todo, a miña misoxinia, (e misoandria se nos poñemos serios), aumentou coa idade cual cultivo bacteriano. Hai tempo que non me adico a versar, xa que, asqueado das miñas horteras rimas, acabei por considera-las todas elas horteras. Sabía que a Srta Tasende escribiría de todo menos caramelizados e over-sugared poemas, serviu de inspiración para unha nova lirica descriptiva máis profundo que agora tento producir en noites de insomnio. Quizáis moi rebuscada, quizáis moi infantil, quizáis pouco innovadora, pero aínda así, miña.

Estou contento por crear isto, carente de rima pero non de ritmo, con contínuas aliteracións e diversas figuras e tropos de baixo calibre verbi gratia, metonimias sinécdoques, algún quiasmo e por fin, ningún barroco hipérbaton.

O problema ven, que despois de escribilas en papel, que é moito máis romántico, e consecuentemente, rebelde, á hora de pasalos a ordenador e entón revisalos, tópome que non sei onde metelos!

Ala! sidonie contaxioume a súa ledicia, non me apetece seguir torturándome, Xa os pasarei cando teña tempo, e quen sabe, quiza un 4º blogue para este tipo de cousiñas!!!

Para os malos tempos de la lírica: t.A.T.u - Nas ne Dagoniat

Para a ledicia anti productiva: Sidonie - Bla Bla Bla

Unha aperta que aínda sigo farinxítico

divendres, 10 / agost / 2007

Calzonazos!

Ao dicirlle a miña nai que pasaba de nudismos que no seu tempo, foron intolerantes co meu bañador, ela accedeu e dixome que íamos xuntos á outra, sacrificando o plan que tiña coas súas amigas.
Quedei de pedra
Pero máis de pedra quedei cando, buscando a praia non-nudista, acabamos igualmente en baroña, e non nos dimos conta de que era esa, ata posto o sol na auga...


Vaia....

o nudismo voltouse tolerante, coma a homosexualidade no arena....
QUE marabilla

diumenge, 5 / agost / 2007

Indepencència!

Como xa sabedes, neste blog non caben moitas políticas, non se trata de gobernar sociedades senon a min mesmo...

Falo (Adoro esta verba) dunha independencia persoal que estou a acadar hai xa algún tempo. Moita xente sabe que me realizo en sociedade, Fixen realidade un Utilitarismo Benthaniano, dun xeito inconsciente. Medo a ficar na soidade, medo a non ser útil nesta sociedae, medo a estar marxinado dela. E foi así coma sempre mergullábame en grupos sociais de calquera caste e desvivíame por obter compañía, ou sacrificaba desexos para estar en compañía de certa. Así, perdinme concertos de Fangoria por confiar en xente que non sabía confiar, deixei de sair en fin de ano por non atreverme a pasalo ben... vaia que me perdín moitas experiencias por non ter con quen compartilas ou por compartir outras cousas.

(nena nena no es por ti... 2 días tristes, 2 días pedo....ver Audio)

Pois isto, en parte gracias Lidia e a Paula SdC, que me ensinaron de un modo ego-arisco que hai que ter prioridades onde eu son protagonista e tamén a miña nai, quen se encargou de transmitirme que non hai porqué compartilo todo. Pero sobre todo ao meu senso común e a miña renovada auto-estima que me permitiron topar un termo medio destes dous extremos. Mara tamén me transmitiu esta liberdade individual.

Comezou no SummerCase, cando me alonxei de todos, para ver a The Arcade Fire en primeira fila, ou a Bloc Party. Chegou onte, cando fun só até a Coruña para ver a Deluxe, TAB e Dover. Mañá será tamén outro exemplo, cando lle diga a miña nai que non vou ir á praia nudista para sentirme mal durante as 8 horas que poidamos estar aló. Ela aínda non comprende que non podes levar a un mozo aínda en efervescencia sexual a unha praia nudista.

Rexeitar momentos sociais por causas maiores, espero que non sexa un boicot: Aprendin que para ser feliz ti, tes que deixar que os outros séxano sen ti, e se-lo ti sen eles. Con todo, sigo pensando con ARistóteles, que somos animais sociais e políticos; pero até que non tope indies en santiago con quen ir a concertos irei en principio só. Iso sí, ao meu carón hai un asento libre neste mesmo vagón, Queres sentar?

A Maria Carrasco, Que si foi valente para virse comigo á coruña a ver os concertos. Tamén aos múltiplos novos coñecidos.

E endemoniado Windows Live Writesr que non me deixa colgar fotos

Audio: Deluxe: Voy Matar al Cartero

Nunha noite de vrau insomiano

Etiquetas de Technorati: sociedade, felicidade, independencia, liberdade, reflexión